Friday 03 de May de 2024

O concello mellorará o firme dos 825 metros de camiño que unen os lugares de Lixó e Os Muíños na parroquia de Oleiros


Achega de 39.881 euros da Xunta para executar a obra

O Concello de Riveira vai realizar unha actuación comunicación da Xunta de Galicia consistente na mellora do camiño que une os lugares de Lixó e Os Muíños, ambos situados na parroquia de Oleiros. Para a súa execución vén de confirmarse unha achega autonómica de 39.881,10 euros, o que representa o 80% do importe total, excluída o IVE: 49.851.37 euros.

Actualmente, este tramo, de 825 metros de lonxitude e un ancho promedio de catro metros, rexistra un pavimento de aglomerado asfáltico en mal estado, con zonas de sobreanchos sen pavimentación e cunetas en ambas marxes.

O proxecto técnico que se va desenvolver persegue renovar o firme do camiño e mellorar á súa calidade, conseguindo desta maneira facilitar a accesibilidade a todas as fincas en xeral e particularmente as explotación agrícolas e montes veciñais en man común da contorna.

Para tal fin, estenderase unha nova capa de aglomerado asfáltico en quente de seis centímetros de espesor, ao tempo que se ampliará en 50 centímetros o ancho da plataforma de rodadura. Tamén se limparán as cunetas e acondicionarase o acceso que dá entrada ás fincas.

O prazo de execución un mes e medio. A achega autonómica adscríbese ao plan marco de mellora de infraestruturas cofinanciado co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural (FEADER) ao abeiro do PDR Galicia 2014-2020.